

PORCO ESPIÑO
Hystrix cristata
É unha especie de roedor, moi característico polas súas púas. Ao contrario da crenza popular, os porco espiños son incapaces de lanzar as súas púas de maneira defensiva.
É un animal nocturno, posuidor dun olfacto excepcionalmente sensible, mentres que o oído e a vista están pouco desenvolvidos.
Ao nacer, as súas púas son brandas.
Descrición
Mide uns 60 cm de longo por 25 cm de alto e pode chegar a pesar un 15 kg. O dorso e as partes laterais do corpo están provistos de longas púas con raias alternas brancas e negras, pontiagudas e fortes, que poden chegar ata 35 cm de longo. Cando está en perigo, pon tesas as púas e sacódeas facendo soar a súa cola a modo de cascabel ao mesmo tempo. As púas non están solidamente implantadas na pel, polo que en caso de agresión, o depredador desprenderaas sufrindo maiores feridas e causando unha distracción a favor do porco espiño.
Alimentación
Principalmente, come raíces, bulbos e plantas de cultivo. Ocasionalmente, pode comer insectos, pequenos vertebrados e calaza. Pode percorrer ata varios quilómetros lonxe do seu tobo en busca de alimento.
Habitat
Vive en terreo seco e con maleza, sobre todo nas abas dos outeiros e a miúdo nas proximidades das vivendas do home. Ocúltase nas gretas das rocas ou nuns tobos que escava el mesmo.
Status
UICN: non está en perigo de extinción. CITES Europeo: anexo A.