PLÁTANO HÍBRIDO

Platanus hybrida

É unha árbore caducifolio, suposto híbrido entre o plátano oriental ( P. orientalis) e o plátano occidental ( P. occidentalis), que pode alcanzar o 35m. de altura. A copa é ampla, e a cortiza do tronco e das ramas despréndese facilmente en placas, debaixo das cales se aprecia unha cortiza máis nova con tons amarelos e verdes.
As follas, extremadamente variables mesmo no mesmo árbore, son palmeadas, simples e alternas cos lóbulos superiores máis marcados e provistos de dentes anchos; no outono toman unha cor amarela alaranxada.
Florece na primavera, case simultaneamente coa saída da folla. As flores, masculinas e femininas, ábrense en grupos separados, as femininas, maiores, avermelladas e dispostas na punta das ramas, e as masculinas, amarelas formadas máis atrás sobre a madeira vella. Xeralmente hai de 2 a 4 grupos de flores ( inflorescencia) nun pedúnculo común, tras a fecundación toda a estrutura convértese nunha agrupación de froitos ( infrutescencia). Os seus froitos son coñecidos popularmente como “bólas pica-pica”, debido aos pelos que ten cada un dos frutillos.

Habitat e Distribución

É orixinaria dos Balcáns e Himalaya e está distribuída por Europa central e occidental. É indiferente ao substrato do chan e resistente ás duras condicións de contaminación urbana, polo que se utiliza como árbore ornamental en parques e paseos, moi frecuentemente nos bordos das estradas.

Usos e Costumes

A principal aplicación desta especie é como árbore de sombra e ornamental. Ademais, a súa madeira, de cor clara, lixeira e resistente emprégase en recubrimentos, carpintería e fabricación de xoguetes. A súa leña é tamén moi apreciada.


Entradas