

MELGACHO
Scyliorhinus canicula
Alimentación
Aliméntase de invertebrados bentónicos como poliquetos, pequenos cefalópodos, crustáceos, moluscos e algúns peixes.
Hábitat
Vive en augas frías e tépedas, distribuído no Atlántico nororiental, desde Noruega e Illas Británicas ata Senegal e Costa do Marfil, incluíndo o Mediterráneo, sendo a quenlla máis abundante e común no litoral Galego, dentro e fore da auga: en todas as lonxas que visitemos atoparemos melgachos.
É unha especie ovípara. Pon os seus ovos protexidos por unha cápsula córnea rectangular translúcida e de cor marrón con 4 filamentos longos, como zarcillos, para fixarse no substrato, en invertebrados sésiles, plantas ou algas do fondo mariño.
Status
UICN: Mínima preocupación ( LC). A especie non require de medidas de protección especial, nin se aproxima a ningún dos parámetros para ser incluída nunha categoría de maior risco.