parallax background

PATO PICOPINTO

Anas poecilorhyncha

O seu nome provén da variedade de cores que están no seu pico (vermello ou alaranxado, negro ou gris escuro e amarelo).
Anas é un xénero de aves acuáticas da familia Anatidae. Non se somerxen nin nadan por baixo da superficie, polo que tamén son chamados "os patos de superficie".
Considérase unha ave moi sociable (sempre fóra da época de cría) e pódese agrupar con máis de 50 patos.

Descrición

Caracterízase por ter unha plumaxe esbrancuxada-agrisada con incrustacións marróns, que rematan na na cruz dos cadrís e a cola que son marróns escuras. A súa cabeza e pescozo son gris pálido lixeiramente veteado de negro na coroa e unha ampla liña negra a través dos ollos que tamén son negros. Teñen dúas manchas de cor vermella-alaranxada na base do pico (nas femias non aparece ou é menos pronunciado) que aumenta de tamaño na época de celo. O pico é negro ou gris escuro coa punta amarela. As ás son de cor esbrancuxada-agrisada, coas plumas de voo negras abaixo e desde arriba mostran un espéculo verde-azulado bordeado de branco. As súas patas son de cor laranxa brillante. Fan os niños con herbas e maleza forradas con plumas no chan, entre as plantas ou nas árbores.

¡Descobre máis especies!
Alimentación

A súa dieta baséase en maior medida en alimentos de orixe vexetal, xa sexan acuáticos ou terrestres como as sementes, pastos, xuncos, etc.. Aínda que tamén inxiren insectos e larvas, moluscos, vermes, etc.. Aliméntase principalmente pola tarde ou pola noite.

Habitat

Distribúese por toda a India e o sur de Asia, e abarca varios países como Rusia, China, Xapón, Nova Guinea ou Australia. Adóitase mover por augas pouco profundas e humidais de auga doce que teñan unha vexetación densa. Nos ríos apenas os atoparemos. Só nalgunhas áreas se produce a migración e esta pode ser a nivel local.

Status

UICN: Mínima preocupación ( LC). A especie non require de medidas de protección especial, nin se aproxima a ningún dos parámetros para ser incluída nunha categoría de maior risco.


Entradas