parallax background

PATO FILIPINO

Anas luzonica

O pato de Filipinas é un anátido do xénero anas endémico de Filipinas. Está clasificado como vulnerable porque ten unha pequena poboación que está a experimentar unha rápida e continua diminución debido á caza excesiva e á conversión dos seus hábitats.

É unha especie tímida e nerviosa. Constrúe o niño oculto baixo unha espesa cuberta de vexetación acuática e o seu ovo é de cor verde pálida.


Descrición

O pato de Filipinas é unha ave de aspecto moi elegante. Distínguese pola súa cabeza cor canela, cunha especie de coroa e a caluga de cor negra,ademais da raia negra que lle pasa a través do ollo. O resto da plumaxe é marrón -agrisada, do mesmo xeito que as patas, mentres que o pico é gris-azulado. Cando voan, na parte de arriba das ás, teñen unha especie de parche (no espéculo) de cor azul-verde iridiscente con bordos negros e tamén brancos. A parte inferior das ás son brancas. Non existen diferenzas entre os sexos.

¡Descobre máis especies!
Alimentación

A súa dieta consiste basicamente en peixes, crustáceos, moluscos, insectos, arroz e vexetación novo.

Habitat

É unha especie endémica de Filipinas, está presente en todas as illas principais e oito illas máis pequenas. Frecuente en todo tipo de humidais, xa sexa de auga doce ou auga salgada, xa sexan mangleirais, mar aberto, ríos, cursos de auga no interior dos bosques, etc.

Status

IUCN: Vulnerable (VU). Está ameazada de extinción por causa dun descenso da poboación e da degradación do seu hábitat.


Entradas