

PANTERA NEGRA
Panthera pardus
Durante moito tempo a pantera negra foi considerada como unha raza distinta do leopardo común o cal é un erro xa que a pantera é un leopardo que, por motivos xenéticos, sae de cor negra ( melanismo).
A pelame permítelle mesturarse ou perderse co fondo da selva, de modo que a súa presa non pode vela. Debido ao seu estilo calado e á súa habilidade de quedar oculta é coñecida como "a pantasma do bosque."
Descrición
É un animal solitario, excepto na época reprodutora. Pasa moito tempo subido ás árbores onde descansa, vixía e garda ás súas presas despois de cazalas. Caza de noite e dorme de día. Como un cazador, a pantera negra é un perseguidor xa que camiña amodo moi preto da súa presa podendo tardar horas. As súas patas recheas son suaves, mentres o pelo nas súas pernas absorbe ruído. O período de xestación na femia dura 3 meses, e pode ter entre 1 e 6 crías.
Alimentación
É carnívora, consome principalmente ungulados (como impalas) e pequenos primates.
Habitat
Abunda nas selvas do sueste asiático e é máis rara nas sabanas e bosques de África.
Status
U.IC.N: mínima preocupación (LR/ LC). A especie non require de medidas de protección especial, nin se aproxima a ningún dos parámetros para ser incluída nunha categoría de maior risco. CITES: apéndice I. Esta especie está en perigo de extinción polo que se prohibe o comercio internacional con individuos desta especie, salvo cando a importación se realiza con fins non comerciais, por exemplo, para a investigación científica.