NOGUEIRA COMÚN

Juglans regia

A súa copa é ampla e voluminosa, o tronco groso e nos exemplares máis vellos baleirado. A cortiza é de tons agrisados e vaise gretando cos anos. As súas follas caducas están compostas de 5 foliolos grandes co bordo liso ou case liso, e son algo olorosas.
As flores aparecen a comezos de primavera, son pequenas e unisexuales. O froito é unha esfera de cor verde, que ao madurar no outono, ábrese e libera a coñecida noz comestible.
A nogueira ten a medula compartimentada, dividida por placas transversais paralelas, esta peculiaridade diferénciao dos demais árbores. Nalgunhas rexións cálidas españolas (Andalucía, Levante e Cataluña) cultívase a nogueira americana, do que se obteñen as noces de pacana.

Habitat e Distribución

É orixinario da área comprendida entre o leste do mediterráneo e o norte da India; crece en ambientes frescos e sobre chans profundos, ben regados, silíceos ou calizos.

Usos e Costumes

Esta árbore produce unha boa cantidade de produtos útiles. As coñecidas noces, moi nutritivas, utilízanse en gastronomía, na obtención de aceite para fabricar pintura e xabón, e na medicina para combater parasitos intestinais. A súa madeira densa e resistente, é moi apreciada en ebanistería, tamén produce boa leña e carbón. A cortiza e follas, ricas en taninos, úsanse en curtidos e para facer infusións, polas súas propiedades medicinais. Da vaina verde do froito obtense a tinguidura chamada nogalina.


Entradas