parallax background

MILLAFRE REAL

Milvus milvus

O noso Millafre real é un macho cedido polo CRFS de Albacete en decembro de 2017.

Ten un á amputada, incapacitándoo para o voo, sendo irrecuperable para a vida silvestre polo que Vigozoo solicitóu a súa cesión. Dende entón na súa nova vida no noso parque contribue á la difusión e posta en valor desta especie a través do noso programa de educación e concienciación ambiental.

LIGAZÓNS DE INTERESE
SEO IUCN

Descripción

Ten un canto similar a un maullido afrautado cunha mestura de notas ascendentes e descendentes.

En voo posúe unha silueta característica, na que destacan unha cola profundamente ahorquillada, de cor avermellada alaranxada, e unhas longas ás abaceladas e provistas dunha mancha branca moi visible. A súa plumaxe posúe unha predominante cor avermellada, con raias escuras na súa porción ventral e un orlado característico no dorso por mor dos bordos pálidos das ás. A cabeza e o pescozo do miñafre real, manteñen un ton gris con surcos escuros. Posúe ás longas cunha anchura uniforme e unha tinguidura branca característica, moi visibles nelas.

A súa envergadura alar oscila de 154-170 cm e unha lonxitude entre 60 - 66 cm. É migradora de presenza estival e a súa actividade é diúrna.

Como o resto das rapaces, o Milano real é indispensable para o equilibrio dos ecosistemas xa que capturan animais enfermos e moitas especies prexudiciais para a agricultura.

¡Descobre máis especies!
Alimentación

Aliméntase principalmente de carroña ou de presas de fácil captura como animais inexpertos ou enfermos, entre os cales se atopan coellos, paxaros, aves medianas, mamíferos pequenos, anfibios, réptiles e insectos. Tamén é moi frecuente velo en vertedoiros, granxas, muladares e matadoiros. A súa gran tendencia carroñera lévao a frecuentar terreos en busca de animais mortos, en especial cunetas de estradas.

Habitat

Ten preferencia por zonas arborizadas e campos abertos con árbores dispersas, bosques de ribeira, zonas illadas de piñeiros piñoneros, aciñeiras ou grandes carballos con amplas zonas onde poidan obter alimento. No inverno, as aves forman dormideros multitudinarios nos seus terreos próximos ao niño, xeralmente en bosquetes como piñeirais, eucaliptos ou algúns pequenos soutos. Os invernantes ocupan zonas despexadas con cultivos que en ocasións están próximas aos núcleos habitados que utilizan para a procura de alimento. A súa distribución é bastante ampla abarcando gran parte da súa poboación en Alemaña, Francia, e España. Ademais existen poboacións dispersas facía o norte de África, Gran Bretaña, illas mediterráneas, o Cáucaso, Turquía, e leste de Europa. En España, atópase distribuído en Navarra, Asturias, a comunidade Valenciana e Murciana, Cantabria, provincias costeiras de Cataluña, Albacete, Almería e Málaga. O principal destino invernal da especie atópase en España, onde os exemplares provenientes do resto de Europa, hospédanse desde Setembro, que empezan a chegar os primeiros exemplares, ata a súa afluencia máxima, entre Outubro e Novembro ata Xaneiro. Estas amplas concentracións danse en rexións como Aragón, Navarra, Castela León, algunhas partes de Andalucía, e Estremadura. España conta cunha importante poboación reprodutora, que se distribúe, con desigual densidade, por Navarra, País Vasco, Cataluña, Aragón, Castela e León, Madrid, Estremadura, Andalucía e algunhas provincias de Castela-A Mancha. Aínda que non se considera Galicia como zona de reprodución, pode ser visto ocasionalmente. En Baleares cría en Mallorca e Menorca e falta en Canarias —onde se extinguiu na década dos anos setenta do pasado século—, Ceuta e Melilla.

Status

IUCN: Case ameazada ( NT). Esta especie atópase incluída no Libro Vermello das aves de España na categoría de “En perigo” e aparece como “En perigo de extinción” no Catálogo Nacional de Especies Ameazadas.

Debido á destrución do seu hábitat, aínda que a súa poboación é estable, está considerada de interese especial pola UICN. É un ave protexida. As súas principais ameazas son a inxesta de cebos envelenados, raticidas, pesticidas, a caza ilegal, electrocución e choques con tendidos eléctricos, mortes en parques eólicos, perda do hábitat, molestias en época de cría, espolio de ovos e crías, cambios en usos agrícolas e gandeiros, desaparición de muladares e as interaccións con outras especies, que poden desprazalo.

As súas principais ameazas son a inxesta de cebos envelenados, raticidas, pesticidas, a caza ilegal, electrocución e choques con tendidos eléctricos, mortes en parques eólicos, perda do hábitat, molestias en época de cría, espolio de ovos e crías, cambios en usos agrícolas e gandeiros, desaparición de muladares e as interaccións con outras especies, que poden desprazalo.

CITES: Apéndice II. Especies que non está ameazada de extinción pero que podería chegar a estalo a menos que se controle estritamente o seu comercio. As súas principais ameazas son a inxesta de cebos envelenados, raticidas, pesticidas, a caza ilegal, electrocución e choques con tendidos eléctricos, mortes en parques eólicos, perda do hábitat, molestias en época de cría, espolio de ovos e crías, cambios en usos agrícolas e gandeiros, desaparición de muladares e as interaccións con outras especies, que poden desprazalo.


Entradas