MAGNOLIO CHINÉS

Magnolia x soulangeana

É un arbusto ou pequena árbore que pode alcanzar o 5m. de altura, de copa aberta e con forma piramidal. O tronco é leñoso e a cortiza rugosa.
As follas son caducas, provistas dunha nerviación mediana moi aparente, ovaladas, de cor verde, co feixe (parte superior) sen pelos e o envés con pelo fino e suave. As flores non teñen nin sáibaos nin pétalos, teñen unha estrutura intermedia que se denomina “ tépalo” de cor branca pola parte interior e de cor rosa ou púrpura por fóra; poden ser olorosas ou non, e saen antes que as follas a principio de primavera aínda que seguen desenvolvéndose posteriormente. O sol intenso estraga as flores. O froito consta dunha serie de unidades carnosas vermellas unidas a un eixo, do que se separan ao madurar.
Estas árbores só poden ser polinizados por escaravellos porque este xénero evolucionou antes de que aparecesen as abellas. O nome soulangiana deriva de Etienne Chevalier Soulange, francés que produciu este híbrido.

Habitat e Distribución

Esta árbore é un híbrido orixinado a partir do cruzamiento de dous tipos de magnolio de China. Localízase, sobre todo, no leste de EEUU, Centroamérica, Sudamérica e sueste asiático. É unha árbore que se desenvolve en chans lixeiramente acedos, xa que os alcalinos ( calizos) prodúcelle clorosis (enfermidade nas follas). Necesita chan húmido, nunca seco. Tolera bastante ben o frío, non soporta zonas con vento e necesita unha exposición a media sombra.

Usos e Costumes

Utilízase exclusivamente como árbore ornamental debida ao seu espectacular florecemento.


Entradas