

LLAMA
Lama glama
Os antepasados dos camélidos eran naturais de América do Norte. Algúns deles trasladáronse a Asia, cruzando polo estreito de Bering dando orixe ao camelo, que á súa vez deu lugar ao dromedario. Outros chegaron ao sur de América orixinando os actuais camélidos suramericanos (llama, guanaco, alpaca e vicuña).
O macho da llama é utilizado como animal de carga e da femia aprovéitase o leite e a carne. Tamén se utiliza a súa la para a confección de roupa, e a súa pel curtida para facer artigos de coiro.
Alimentación
É herbívora e moi eficiente no consumo de auga e alimentos. Aliméntase da vexetación pobre e escasa do medio onde vive como brotes, cortizas, etc.
Habitat
Viven no leste de Sudamérica, en chairas e montañas de máis de 3000 metros (Bolivia, Perú, Arxentina), xa que resisten moi ben as enfermidades e o rigoroso clima de montaña.
Status
Esta especie doméstica non está ameazada, o seu principal problema é a ovella, xa que estas pisan o terreo e estragan a pouca vexetación existente.