parallax background

LEÓN

Panthera leo

Contrariamente ao que se pensa, o león africano non vive na selva, senón na sabana.

Ambos os sexos marcan o territorio, ben impregnando a vexetación cunha esencia forte producida polas glándulas odoríferas que posúen os machos, ben emitindo ruxidos que advirten da súa presenza a mandas erráticas ou a machos nómades.

Se se cruza en catividade cun tigre, as crías reciben o nome de “ligre”, “ tigrón” ou “ ligrón”.


Descrición

Gran mamífero carnívoro da familia dos félidos, co pelame de cor amarela ouro. Ten a cabeza grande, os dentes e as uñas moi fortes e a cola longa e terminada nun floco de sedas. O macho distínguese por unha longa melena. Caracterízase por unha altura dun metro, unha lonxitude de ata dous metros e medio, unha cola de case un metro e dun peso que nos machos pode alcanzar os douscentos quilos. As femias son máis pequenas e máis claras que os machos. É un animal sedentario e moi social que pode vivir en solitario, en pequenos grupos ou en grandes mandas, que dominan de un a sete machos. A femia caza á espreita en grupo, normalmente pola noite, sen facer persecución da presa, mentres que o macho pode durmir ata 20 horas ao día. Pode parir de unha a catro crías, que se manteñen no grupo ata os 18 meses. Viven ao redor de 40 anos.

¡Descobre máis especies!
Alimentación

O tipo de presa capturada polos leóns varía desde insectos ata xirafas, aínda que adoitan mostrar preferencia por animais grandes como a cebra. A caza prodúcese á espreita pola noite ou á tardiña e é realizada en grupo ou en solitario, normalmente polas femias.

Habitat

Vive en rexións semiáridas de sabana e matogueira de África e unha pequena poboación nos bosques da selva de Gir de Asia.

Status

UICN: Vulnerable (VU). Está ameazada de extinción por causa dun descenso da poboación e da degradación do seu hábitat. CITES: apéndice I. Esta especie está en perigo de extinción polo que se prohibe o comercio internacional desta especie, salvo cando a importación se realice con fins non comerciais, por exemplo, para a investigación científica.


Entradas