

INSECTO CORTIZA DE FILIPINAS
Sungaya inexpectata
Pertence ao grupo dos fásmidos. A palabra fásmido vén do latín phasma que significa pantasma.
Os machos adultos adoitan permanecer a maior parte do tempo encima dunha femia, fano para asegurar que ninguén máis fecunde á súa femia.
Descrición
Ambos os sexos son ápteros. As femias, máis grandes que os machos, son de cor marrón con tons grises e ten un corpo moi robusto con pequenas protuberancias polo corpo e unha liña lonxitudinal que lle percorre todo o corpo. Algunhas teñen na zona media dos fémures unhas manchas brancas. Os machos son máis esveltos que as femias. Ambos posúen longas antenas.
Os machos adultos permanecen o maior tempo da súa vida encima da femia, para asegurarse de que a descendencia sexa súa. Pódese reproducir sexualmente e por partenoxénesis. A femia enterra os ovos, uns 2-4 ovos ao dia e eclosionan aos 4 meses.
Alimentación
Aliméntase de follas de silva, roseira, hedra, etc.
Hábitat
Son orixinarios de Filipinas.