parallax background

INSECTO PAU DO VIETNAM

Baculum extradentatum

Como todos os fásmidos, orde ao que pertence, a súa particularidade é a súa capacidade de camuflaxe. Son nocturnos.


Descrición

Poden alcanzar unha lonxitude de 12,5 cm e son animais bastante esveltos, ata 0,7 cm de grosor na rexión abdominal. Destaca a presenza de dúas cornas de pequeno tamaño na rexión cefálica entre os ollos. Non teñen ás (ápteros). Os machos son máis esveltos e pequenos e algo máis escuros que as femias alcanzando un tamaño máximo de 8 cm.

¡Descobre máis especies!
Alimentación

A súa alimentación é a base de rosáceas, entre as cales as máis frecuentemente utilizadas son a zarzamora, a roseira e o fresal.

Hábitat

Son de costumes nocturnos e a súa orixe é Vietnam.

A reprodución desta especie é por vía partenogenética ou por vía sexual, aínda que as poboacións están maioritariamente compostas por femias que se reproducen por partenoxénesis.

Status

Non listado por IUCN


Entradas