

INSECTO PAU ALADO
Sipiloidea sipylus
Pertence ao grupo dos fásmidos. A palabra fásmido vén do latín phasma que significa pantasma.
Pola gran habilidade que ten este insecto de aparecer da nada grazas aos seus grandes dotes de camuflaxe inclúese neste grupo.
Deféndese emitindo un cheiro irritante que escorrenta ao depredador. Este cheiro é parecido ao da herba recentemente cortada e é inofensivo para o ser humano.
Descrición
A femia é máis grande que o macho, ambos teñen ás e poden voar. De mozos son verdes como ramas novas e de adultos marróns como as vellas.
Se se lle rompe unha pata pode rexenerala nas seguintes mudas.
A súa forma de pau e a súa cor, fano pasar desapercibido entre a vexetación (mimetismo).
Alimentación
En catividade aliméntase de follas de silva, roseira, eucalipto, etc. En liberdade come algodón.
Hábitat
Vive en bosques tropicais de Asía suroriental, Australia e Madagascar.