parallax background

IGUANA VERDE

Iguana iguana

Proceden de cesións de particulares que chegados a certos tamaños ou por outras circunstancias, fan moi difícil seguir manténdoas como mascotas. Están aloxadas na instalación con representación de especies do continente Americano, na planta "0" do noso Exotarium, contribuíndo á difusión e posta en valor desta especie a través do noso programa de educación e concienciación ambiental.

Teñen un terceiro ollo chamado pineal ou parietal, cun funcionamento distinto ao dos ollos normais, pois é utilizado como un medidor da enerxía solar e axuda na maduración dos órganos sexuais e distintas glándulas e que grazas a él, pode detectar cambios de luz, escuridade e movemento, axudando a descubrir aos predadores cando é axexada desde arriba.

Este terceiro ollo non é exclusivo das iguanas xá que presente noutros réptiles, anfibios, roedores e algúns peixes como o atún e a lamprea.


Descrición

Son fundamentalmente arborícolas. Poden chegar a medir ata 2 metros de lonxitude desde a cabeza ata a cola e adoitan pesar entre 4 e 6 Kg. Os machos posúen a crista dorsal e a papada colgante máis desenvoltas que as femias.

A cor do corpo adoita ser verde, aínda que pode variar dependendo do sexo, estado de ánimo, temperatura ou estado de saúde.

¡Descobre máis especies!
Alimentación

Hervíboros. Os seus alimentos preferidos son as plantas de folla verde e os froitos maduros, con todo de cando en vez comen pequenas cantidades de carroña ou invertebrados.

Hábitat

Viven en zonas tropicais de vexetación espesa de América Central e de Sudamérica. Atópase desde México ata o sueste de Brasil, así como tamén en illas do Caribe.

Son lugares onde a temperatura media anual é de 27-28 °C e a humidade ambiente é superior ao 70%. Son fundamentalmente arborícolas, grazas ás súas fortes garras e a súa longa cola.

Status

IUCN: Preocupación menor (NT): A especie non é obxeto de medidas de protección especial.

CITES: Apéndice II. Especie que non está necesariamente ameazada de extinción pero que podería chegar a estalo a menos que se controle estritamente o seu comercio.


Entradas