parallax background

GUANACO

Lama guanicoe

Os antepasados dos camélidos eran naturais de América do Norte. Algúns deles trasladáronse a Asia, cruzando polo estreito de Bering e dando orixe ao camelo que á súa vez dará lugar ao dromedario. Outros chegaron ao sur América, orixinando os actuais camélidos suramericanos (llama, guanaco, alpaca, vicuña).

O guanaco posúe nas súas patas unha especie de almofadas que evitan que a vexetación quede esmagada e a estepa patagónica non se desertice.

É considerado un bo nadador.


Descrición

É unha especie salvaxe, non domesticada. O seu tamaño é algo menor que o da llama. O seu pelame é de cor avermellada escura, a excepción do da cabeza, que é gris escuro. Vive en rabaños de 4 a 10 femias, conducidos por un macho. A velocidade é importante para a súa supervivencia, debido a que nos lugares abertos onde viven non hai onde esconderse facilmente. O seu principal depredador é o puma.

¡Descobre máis especies!
Alimentación

Aliméntase de pastos, arbustos, brión, tubérculos e liques; sobre todo nos meses de inverno. Tamén de patacas, cenorias e remolacha.

Habitat

Vive en rexións frías, climas secos, estepas e terras altas ou baixas de América do Sur, os Andes e a Patagonia.

Status

UICN: baixo risco/mínima preocupación (LR/ LC). A especie non require de medidas de protección especial, nin se aproxima a ningún dos parámetros para ser incluída nunha categoría de maior risco. CITES: apéndice II. Especie que non está ameazada de extinción pero que podería chegar a estalo a menos que se controle estritamente o seu comercio. O comercio internacional pode autorizarse coa cocesión dun permiso de exportación ou un certificado de reexportación. Só deben concederse os permisos ou certificados se as autoridades competentes determinaron que se cumpriron certas condicións, en particular, que o comercio non será prexudicial para a súa supervivencia no medio silvestre. Hai zonas dos Andes en que os guanacos están considerados unha especie en perigo, xa que son cazados pola súa carne, pel e las. En Arxentina é considerado unha especie silvestre e, por tanto, goza de certa protección.


Entradas