parallax background

GROU PEQUENO

Anthropoides virgo

É a máis pequena de todas as grullas. Realizan unha “danza nupcial” que consiste en demostrar o interese por formar parella, realizando unha serie de saltos moi rechamantes.

Viven en parella durante moitos anos, algunhas mesmo para sempre.

Na súa migración deben atravesar o Himalaya, tendo que voar a altitudes superiores aos 8000 metros.


Descrición

É un ave zancuda elegante que presenta unha plumaxe azul- grisáceo de ton cinza, excepto a cabeza, gran parte do pescozo e as plumas alongadas do peito e das ás que son de cor negra. Á altura de cada ollo vermello posúe un ramallete de plumas brancas a modo de melena. As patas son moi longas e finas pero robustas, con longos dedos de uñas afiadas de cor negra. O seu pico curto e puntiagudo de cor verde escura, tirando a negro coa punta tinguida de cor vermella-alaranxada ou cor salmón. Ambos os sexos son de aparencia similar, non podendo diferencialos a primeira ollada. Moi sociable fóra da época de cría. Pon de 1 a 4 ovos, criando en terreo seco, chairas abertas e mesetas.

¡Descobre más especies!
Alimentación

Omnívora, aliméntase de landras, cereais, tubérculos, invertebrados, etc., en zonas de sementa, restrollos, etc.

Habitat

Distribúese polo Leste de Europa e o centro de Asia, inverna no noroeste de África, da india cara ao leste, ata Birmania. Vive en terreos secos de chairas abertas e mesetas. No inverno áchase en prados, pantanos e terreos de cultivo.

Status

IUCN: Non está ameazado. CITES: Apéndice II. Especies que non está ameazada de extinción pero que podería chegar a estalo a menos que se controle estritamente o seu comercio. Especie incluída no Catálogo Nacional de Especies Ameazadas xa que se considera unha especie de interese especial polo seu valor científico, ecolóxico,.. O problema máis importante é a caza, o uso intensivo de pesticidas nos campos e a destrución do seu hábitat (humidais), xa que as súas migracións son das máis duras e necesitan estas zonas para descansar.


Entradas
RGPD - Cookies