parallax background

XENETA COMÚN

Genetta genetta

A nosa Xeneta é unha femia cedida polo CRFS Cotorredondo de Pontevedra, a principios de 2018.

É un mamífero nocturno dos nosos montes e como consecuencia directa dos graves incendios que arrasaron a nosa Comunidade aquel fatídico outubro de 2017, presenta serias deficiencias visuais que fixeron inviable a súa reintroducción ao seu hábitat natural.

Desde entón na súa nova vida no noso parque, cunha instalación axeitada á súa condición física, contribúe á difusión e posta en valor desta especie a través do noso programa de educación e concienciación ambiental.


Descripción

Lembra ao gato, pero o seu corpo é máis estilizado e elegante. Ten extremidades curtas e unha cola grosa e longa.

A pelame é de cor pardo agrisado con motas escuras. Cada gineta presenta un patrón de coloración único.

A súa cola anillada é fundamental para o seu equilibrio, permitíndolle saltar dunha rama a outra sen caerse.

O seu fino olfacto e o seu oído, sumado á súa axilidade para rubir polas árbores convertérona nunha excelente cazadora nocturna, áxil e silenciosa.

¡Descobre máis especies!
Alimentación

Esencialmente depredadora e carnívora. Consome preferentemente roedores, lagartos e aves.

Ás veces tamén come froita. Gústanlle os figos, as amoras e as cereixas.

Hábitat

Numerosos estudos indican que a xeneta foi introducida en Europa polo ser humano pero as evidencias son pouco concluíntes.

O certo é que, aínda que viñese de África, hoxe en día está perfectamente adaptada e é común en toda a península ibérica.

Son considerados animais forestais asociados a zonas de ribeira e de matogueira.

Con todo, poden adaptarse a todo tipo de hábitat sempre que exista dispoñibilidade de presas e árbores para rubir e poder refuxiarse para descansar.

Adoitan vivir, en zonas tépedas ou cálidas e a baixa altitude. Viven en solitario salvo na época de reprodución.

Status

U.I.C.N : Baixo risco/ mínima preocupación ( LR/ LC). Non require de medidas de protección especial, nin se aproxima a ningún dos parámetros para ser incluída nunha categoría de maior risco.


Entradas