parallax background

RÉPTILES

GECKO DIURNO

Phelsuma standingii

O nome do xénero indícanos o tipo de almofada ou garra que ten; cada tipo ten vantaxes específicas para determinadas superficies. Este gecko ten nas patas un tipo de almofada “adhesiva”, adaptada para rubir polas árbores.
A maioría dos geckos non teñen pálpebras, polo que deben limparse os ollos a miúdo coa lingua.

Descrición

Atópase entre os geckos de maior tamaño. O fondo da súa pel é gris brillante ou marrón, con finas reticulacións máis escuras; cando se alimenta ou toma o sol, a cabeza vólvese verde brillante e a cola azul. Cando está inactivo e durante os tempos máis fríos, toma cores escuras para absorber unha maior cantidade de radiación solar.

¡Descobre máis especies!
Alimentación

Aliméntase de insectos, froitas, néctar das flores e pole.

Habitat

Vive nos bosques tropicais de Madagascar e illas periféricas.

Status

IUCN: vulnerable (VU). Especie ameazada de extinción por causa da destrución do seu territorio e á talla das árbores espiñentas nos lugares que vive. CITES: apéndice II. Especie que pode chegar a desaparecer se non se controla o seu comercio.


Entradas