

GALIÑA DE MOS
Gallus gallus domesticus
A Galliña de Mos, tamén coñecida como Raza Mos, é orixinaria de Galicia. É unha das razas de galiñas da Península Ibérica máis antigas. A pesar de que nas últimas décadas estivo ao bordo da extinción, hoxe podemos volver gozar da súa beleza.
Tras as alarmantes noticias que se tiñan sobre o gravísimo risco de extinción da raza, a mediados do ano 2000, a Xunta de Galicia inclúe á Galliña de Mos nos programas de recuperación.
A domesticación das galiñas produciuse a partir de especies salvaxes do sueste asiático, expandíndose por todos os recunchos do mundo coas distintas migracións dos pobos.
Descrición
A plumaxe é brilante, abundante e compacto. Os ovos, de 50 gr. mínimo, teñen a casca de cor marrón clara. O peso do galo é de 3,5 a 4 kg. e a galliña de 2,5 a 3 kg.
A galliña de Mos é a única raza autóctona española con este tipo de crista, denominada técnicamente en chícharo e caracterizada por ser pequena e ter tres filas de papilas e puntos.
Alimentación
É omnívora, aliméntase de grans, herbas e pequenos insectos que atopa removendo a terra coas patas.
Hábitat
É orixinaria de Lugo (San Xulián de Mos en Castro de Rei). Hoxe en día, está estendida abundantemente por toda a Comunidade, predominando naquelas comarcas nas que destacara en tempos pasados.
Status
Ten protección especial por ser unha raza autóctona galega. O seu problema principal é a entrada doutras razas europeas.