parallax background

RÉPTILES

TARTARUGA CHINESA DE TRES CRISTAS

Mauremys reevesii

É unha especie en perigo de extinción.

A súa carapaza é ovalada e polo xeral non adoita superar os 23 centímetros de lonxitude. Destacan as tres quillas lonxitudinais que ten nela, que lle dan unha bonita forma aerodinámica á hora de nadar. A súa cor é uniforme, de marrón clara a marrón escura, o seu plastrón é de cor marrón escura, tendo as suturas de unión dos escudos máis claras, dun ton amarelado. A cabeza é de cor verde escura, e ten unhas finas raias amarelas curvas aos lados. O tímpano está rodeado por unha raia amarela, a miúdo incompleta.

Descrición

Reprodúcese na primavera, momento no que os machos perseguen e cortexan as femias na auga, virando ao redor delas e pegando o seu nariz ao da súa parella. A cópula é na auga, e a posta, que se desenvolve en xuño e xullo, adoita ser de 4 a 9 ovos alongados e brancos como moitos outros réptiles. Estes ovos miden de 2,3 a 4 cm de longo. Pode haber tres postas ao mes e a incubación dura entre 60 e 90 días.

¡Descobre máis especies!
Alimentación

É un animal omnívoro e aliméntase de insectos, larvas, peixes, cágados, ras, refugallos orgánicos e tamén algas, froita e plantas acuáticas. En catividade prefire unha alimentación carnívora, pero, cun pouco de paciencia, e especialmente cos exemplares novos, é posible afacela a un réxime alimentario en parte vexetariano./p>

Hábitat

Vive en pequenos cursos de augas lentas e pouco profundas, tamén habita en arrozais e pode ata habitar marismas e canles de rega. Chegou a verse, principalmente en China (Río Amarelo e o exemplo máis claro), en grandes ríos, pero sempre en zonas pouco profundas e de corrente lenta.

Status

IUCN: Atópase na la lista vermella con a categoria (EN) en extinción. Esta especie, por sorte, reproducese ben en catividade.

IUCN

Entradas