parallax background

FALCÓN XERIFALTE

Falco rusticolus

O noso Gerifalte, é un macho híbrido de duas especies de falcón, pai Gerifalte ( Falco rusticolus) e nai Sacre ( Falco cherrug), cedido polo CRFS COTORREDONDO de Marín (Pontevedra), en novembro de 2017.

Foi entregada a ese centro polo SEPRONA despois dun auto xudicial. Este ave exercia labores de control de fauna en aeroportos.

Ao ser criado como ave de cetrería, é un ave irrecuperable para a vida silvestre, polo que Vigozoo solicitou a súa cesión. Dende entón na súa nova vida no noso parque, realízanse voos controlados e manexo como práctica de enriquecemento ambiental.

Estes voos fanse fora do horario de apertura ó público dado que, dentro da filosofía do noso parque, non se contempla a utilización dos nosos animais para exibiciones e espectáculos, se non que contribúan á difusión das características e peculiaridades desta especie a través do noso programa de educación e concienciación ambiental.

Enlaces de interés
Águilas del mundo CITES

Descripción

O Falcón Gerifalte é o mais grande de todas as especies de falcón. O nome de " gerifalte" procede da cetrería medieval europea. En efecto, a caza con este tipo de falcón tan fermoso e forte estaba reservada á realeza e aos nobres de maior poder económico; de feito, cada cetrero utilizaba unha rapaz distinta en función do rango que tivese. O macho é algo mais pequeno que a femia, como é normal nas aves rapaces. A variedade branca do gerifalte non se pode confundir con outra especie de falcón, pois é a única especie de falcón branco. Este falcón ten as características típicas de calquera outro: ás longas e triangulares, pico ganchudo cun "dente" que lle permite romper a caluga das súas presas, tarsos espidos, etcétera. Outra característica notable é que estas aves están adaptadas tanto para a caza no aire como no chan, polo que as súas garras son máis romas e fortes que as do resto, xa que a caza en chan require ese tipo de especialización. Do mesmo xeito que todos os membros da familia, remata ás súas presas mediante un puntazo do seu pico ganchudo no cocote, ao contrario que o peregrino que só caza presas en voo. En España considérase unha rareza no medio natural, con só un par de observacións de animais salvaxes, unha delas en Asturias.

¡Descubre más especies!
Alimentación

A súa dieta componse de mamíferos e outras aves. É depredador hábil e voa ata que vexa unha presa para atacar. Mata a maioría das súas presas en terra, mesmo se as captura primeiro en voo. Aliméntase principalmente de aves: patos e gansos, perdices nivales, urogallos, gaivotas e aves mariñas doutras clases e tamén pode dar caza a mamíferos como lebres nivales, roedores (incluídas marmotas que poden pesar tres veces mais que o falcón) ou outros. Por outra banda adoita matar as súas presas no chan, aínda que as atrape co seu voo potente e resolto; de aí as súas garras máis romas. O gerifalte é o suficientemente forte como para levar as presas en voo, e cando a presa é grande (como as lebres árticas) escóndeas para alimentarse delas máis tarde.

Habitat

É o falcón que vive mais ao norte. A súa área de distribución engloba as rexións árticas de Europa (incluída Islandia, onde é o ave nacional), Asia, e tamén as de América do Norte, á parte de Groenlandia. Habita preferentemente os cantís rochosos, as montañas e a fría tundra. Normalmente é un ave sedentaria, aínda que dependendo da zona e da época pode efectuar pequenas migracións. Algúns, especialmente os mozos, chegan a terras máis ao sur do Mar Báltico.

Status

UICN: mínima preocupación (LC). A especie non require de medidas de protección especial, nin se aproxima a ningún dos parámetros para ser incluída nunha categoría de maior risco. CITES: apéndice I.


Entradas