ESTRIPEIRO

Crataegus monogyna

É un arboriña de ata 10 metros que normalmente aparece como arbusto, con ramas provistas de espiñas. O seu tronco é robusto e curto e a cortiza é de cor marrón-escura.
As follas miden de 1 a 3 centímetros de lonxitude, cun ou dous pares de lóbulos e as marxes máis ou menos dentadas. A floración é moi espectacular, e ten lugar desde finais de inverno ata finais de primavera. As flores brancas agrúpanse en número de 4 a 10 en inflorescencias curtas.
Os froitos, menores de 1 centímetro, maduran entre o verán e o outono, adquirindo unha cor vermella. Son de gran interese para a fauna, porque proporcionan alimento ao longo de todo o inverno.

Habitat e Distribución

Nativa de Europa e Gran Bretaña, o espiño albar é a especie máis abundante do xénero na Península Ibérica e Baleares. É moi abundante en todo o territorio; soamente escasea cara ao sur, onde se sitúa de modo case exclusivo a zonas de montaña. Habita na maioría dos bosques Ibéricos, aciñeirais, cerqueirais, carballeiras, faiais, etc., formando parte de sebes xunto a roseiras, silvas e outras especies espiñentas. Tolera mal as secas estivais, e non ten preferencia por ningún tipo de chan.

Usos e Costumes

Nalgunhas rexións, os froitos son coñecidos como majoletas e cómense, sempre con certa prudencia, aínda que en xeral non son moi saborosos e mostran certa acidez. En núcleos rurais, os mozos gustaban de xogar con eles, xa que os ósos servían de proxectís empregados con instrumentos ocos. A madeira é densa e empregouse en tornería. Curiosamente foi utilizada para construír cepos para encarcerados e reos. O espiño albar tamén se empregou como patrón de enxerto en árbores froiteiras. Aínda que é orixinario de toda Europa, foron os chineses os primeiros en descubrir as súas propiedades curativas. En medicina empréganse as follas e as flores secas para facer infusións en problemas cardíacos, hipertensión, hipotensión, arteriosclerose, afogos, vertixes e como calmante, xa que aumenta a capacidade de contracción do miocardio e reduce as pulsacións.


Entradas