
RÉPTILES

ESCINCO DE LINGUA AZUL
Tiliqua scincoides
Cando se lles molesta abre a súa boca mostrando a lingua, move o seu corpo e asubía fortemente. Outro comportamento que posúe é a capacidade de perder a súa cola durante un enfrontamento. Son ovovivíparos.
Alimentación
O escinco de lingua azul é omnívoro e aliméntase dunha gran variedade de pequenas criaturas como insectos, outros réptiles, así como algúns materiais vexetais e froitas. En catividade tamén se adaptan ben ás verduras como acelgas, nabos e dentes de león. Aliméntanse durante o día.
Habitat
O escinco de lingua azul habita no semi-deserto, bosques mixtos e zonas de matogueira de Australia, Nova Guinea e Tasmania.