parallax background

PÚBLICO XERAL


AULA EDUCATIVA
ESCAPES EN VIGOZOO 2022

Logo da gran acollida o pasado verán e no Nadal, este Verán volven os "escapes" a VigoZoo nas tardes dos domingos.

A actividade consiste nunha proba baseada nos tan populares “escapes”, concepto que agrupa xogos de enseño e aprendizaxe cun premio fial, xá sexa escapar ou un tesouro seguindo unha narrativa como fío condutor.

A actividade consiste na realización de dez probas. Para iso cada equipo (identificado cunha cor) deberá atopar e completar cada unha delas ata chegar á unha final en menos dunha hora.

Ao longo do parque irán atopando tablillas con pistas escritas que lles permitirán seguir avanzando nas distinta probas. Cada grupo deberá atopar as táboas que se correspondan á súa cor e ir acumulándoas ata ter as 10que completan o circuíto.

Tardes dos domingos entre as 17 e 19 horas nos meses de verán. Xuño. días 19 y 26.
Xullo, días 3, 10, 17, 24, 25 e 31.
Agosto, días 7, 14, 15, 21 e 28.
Setembro: día 4.

OBXECTIVOS

1. Lograr completar todas as probas da actividade.
2. Participar cooperativamente entre todos os membros do equipo, respectando as normas e distintos espazos do parque.
3. Coñecer características e peculiaridades dos animais de Vigozoo. Dirixida a grupos familiares ou de amigos, tanto nenos como adultos, con un máximo de 14-16 prazas, onde cada equipo terá que descifrar e atopar diferentes probas repartidas polo parque ata conseguir completar un circuíto nun tempo máximo dunha hora. Formaránse distintos equipos en función do número e tipo de participantes.

As prazas son limitadas.

Precio: 2 euros máis o coste da entrada correspondente.

Os menores de 3 años de balde.

Pódese reservar a través do teléfono: 986 26 77 83 de 11:30 a 19:30 horas, de luns a venres non festivos.
O período de reserva de cada actividade remata o XOVES anterior á data de celebración da mesma.

Unha vez confirmada a reserva polo servizo, deberase facer o ingreso de forma presencial no despacho de billetes de VigoZoo ou por transferencia bancaria ao seguiente número de conta: ES 33 2080 5000 6731 1019 4172 , enviando o xustificante ao seguiente enderezo de correo electrónico: taquilla.vigozoo@vigo.org

Volver Público General

Entradas