parallax background

RÉPTILES

CULEBRA DO MILLO

Panterophis guttatus

SABÍAS QUE...?
Existen ducias de variedades de cores ou "fases" das serpes do millo, algunhas naturais e outras creadas en catividade.

Descrición

Son animais delgados e elegantes, pero cunha considerable forza muscular. De hábitos nocturnos e terrestres, é unha serpe tranquila, non adoita ser agresiva e tampouco é velenosa. O seu peculiar nome débese a que son moi frecuentes nas praderías e nos cultivos de millo de América do Norte. Estas serpes axudan no control de pragas de roedores, o que evita danos aos cultivos e a propagación de enfermidades ás poboacións.

¡Descobre máis especies!
Alimentación

Na natureza as crías aliméntanse tanto de lagartas e anfibios como de pequenos roedores. Cando son adultas aliméntanse basicamente a base de roedores.

Habitat

Vive nunha inmensa área dos Estados Unidos. Son bastante fáciles de atopar en zonas onde se concentran roedores.

Status

Actualmente esta especie non se atopa en perigo.


Entradas