

CASCUDA XIGANTE DE MADAGASCAR
Gromphadorhina portentosa
Tamén chamada cascuda siseante, non ten o aspecto dunha cascuda normal nin emite o mesmo tipo de son. O asubío que emiten, forma parte do ritual de apareamiento e tamén se usa como un efectivo berro de alarma. A maioría dos insectos emiten os seus sons fregando partes do seu corpo ou a través de membranas vibrantes, con todo, a cascuda xigante de Madagascar faino ao exhalar o aire a través dos poros respiratorios. Esta forma de emitir sons a través da respiración é máis común nos vertebrados.
A pesar da súa mala reputación, das preto de 5000 especies de cascudas que existen no mundo, só unhas 30 especies poden considerarse praga, menos do 1 %, polo que a maioría, teñen un papel ecolóxico como a dos seus parentes xigantes, alimentándose de materia orgánica en descomposición e polo tanto facendo que haxa nutrintes dispoñibles para outros organismos.
LIGAZÓNS DE INTERESE
Descripción
Como a maioría das cascudas, non teñen ás (aínda que isto tamén sucede con outras cascudas moradoras da madeira). Son excelentes escaladoras e poden rubir facilmente polo cristal puído. Os machos poden distinguirse das femias polas súas antenas máis grosas e máis peludas e polos seus pronunciados "cornos". Son lixeiramente máis grandes que as femias, e alcanzan os 35 milímetros de lonxitude.
Sobre elas, convive un ácaro que comparte a comida do seu hóspede e que non dana nin molestan ás cascudas sobre as que viven, polo que se consideran comensais, non parasitos.
En catividade, estes insectos poden vivir 5 anos.
Alimentación
É detritívora e aliméntase de todo tipo de restos orgánicos sen ningún tipo de preferencias: materia vexetal morta, insectos mortos, localízase grazas ao sentido do olfacto (situado nas antenas), contribuíndo deste xeito á rápida reciclaxe de substancias orgánicas.
Hábitat
É un insecto nocturno e lucífugo (foxe da luz). Durante o día mantense en agochos inaccesibles, entre amasillos de materia vexetal seca, na madeira carcomida dos troncos podrecidos e noutros lugares propicios para, cando chega a noite, entrar en actividade.
É orixinaria da illa de Madagascar.