parallax background

COTORRA DE KRAMER

Psittacula krameri ssp. manillensis

As nosas Cotorras de Kramer, xunto coa Cata De Arxentina, foron acollidas no ano 2018, procedentes dun comiso realizado polo SEPRONA en virtude da lexislación sobre especies Exóticas Invasoras.

Desde entón, a súa función no noso parque, é a Educación e Concienciación Medio Ambiental de visitantes e colectivos escolares e sociais da problemática das especies exóticas comercializadas como mascotas, que debido a soltas accidentais, (ás veces voluntarias), son introducidas nos nosos ecosistemas e trala súa propagación ameazan habitats naturais ou seminaturales e ás especies que neles habitan, producindo graves danos ambientais e económicos e constituíndo un axente de cambio e ameaza á biodiversidade biolóxica nativa.

LIGAZÓNS DE INTERESE
Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras SEO/BirdLife

Descripción

Ave duns 40 cm coa cola moi longa e de cor verde. Mandíbula superior do pico de cor vermella escura, mentres que a inferior é de cor negra. Os machos presentan un colar fino negro e rosa, que pode faltar nas femias ou ser de cor verde. Iris escuro. Patas agrisadas. O xuvenil é como o adulto, pero coa fronte dun gris verdoso e desprovisto de colar.

Reprodúcense entre novembro e xuño, variando segundo o lugar de orixe. Postas de 2 a 6 ovos. Os pitos independízanse ás 6 ou 7 semanas e a madurez sexual alcánzase aos 3 anos nos machos. A especie utiliza os niños durante todo o ano como dormitorio, polo que a presenza de niño non implica necesariamente a súa reprodución. Estes son construídos en tellados de edificios e ocos de árbores.

¡Descobre máis especies!
Alimentación

A súa dieta é xeralmente granívora, composta de sementes de ciprés, piñeiro, olmo, xirasol, etc., aínda que tamén se alimenta de froitos de palmas, figueiras, árbores froiteiras e brotes de follas e flores, así como de herbas e insectos.

Habitat

A especie é orixinaria de África e sur de Asia. Existen núcleos reprodutores en Galicia, sobre todo na provincia de Pontevedra, onde foi detectada a especie por vez primeira na nosa Comunidade.

Vive en parques e xardíns, campos de golf, áreas deforestadas, bosques, zonas de cultivo, zonas secas e zonas próximas á costa.

Status

Atópase incluida no Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras.

IUCN: Mínima preocupación ( LC). A especie non require de medidas de protección especial, nin se aproxima a ningún dos parámetros para ser incluída nunha categoría de maior risco.


Entradas