AVISO

PECHE AO PÚBLICO

DEBIDO ÁS MEDIDAS DE CONTROL PARA MINIMIZAR O RISCO DE CONTAXIO DO CORONAVIRUS [COVID-19]

Por Resolución desta Alcaldía de data 12 de marzo de 2020 acordouse a creación dun Comité de Seguimento de evolución do COVID-19, coa finalidade de analizar a situación e propoñer a implantación das medidas que se estimen necesarias, na mesma data, propuxéronse unha serie de medidas destinadas a minimizar o risco de contaxio do coronavirus COVID-19, e a protección da poboación e dos empregados municipais, partindo das recomendacións efectuadas polas autoridades administrativas sanitarias.

En base ao anterior se comunica o PECHE AO PÚBLICO das instalacións de VIGOZOO ata o día 29 de marzo, incluído, sen prexuízo da ampliación de dito prazo cando así o aconselle a situación existente.

En Vigo, a 13 de marzo de 2020.

Entradas