

CIVETA DAS PALMEIRAS
Paradoxurus hermaphroditus
¿SABÍAS QUÉ…?
Son coñecidas por axudar na produción do café máis caro do mundo, entre 400 e 900 euros kilo, chamado Kopi luwak. Ao pasar as cereixas de café polo seu aparato dixestivo, sofren un proceso de fermentación que xunto á tendencia das civetas de comer só os graos máis maduros e selectos, adquiren un sabor único. Unha vez defecados, colleitanse, lávanse, sécanse e móense.
Descripción
Diferenzase doutras civetas, en que a cola desta especie non ten aneis negros, só a punta negra no extremo. A lanuxe do pescozo crece cara atrás, mentres que en outros membros da familia dos Vivérridos fano cara adiante. Son plantígrados como osos e mapaches, con as plantas espidas, garras semi- retráctiles e o seu terceiro e cuarto dedo están parcialmente unidos.
Alimentación
Son oportunistas e adaptables, comen o que haxa dispoñible, tanto bagas e froitas pulposas como ratas, musarañas, paxaros, insectos, sementes, vermes, ovos, réptiles, escorpións, caracois e outros
Habitat
Son arbóreas e viven en bosques tépedos e tropicais, pero en áreas desenvolvidas tamén se atopan en parques, xardíns suburbanos, plantacións, hortos froiteiros e lugares con dispoñibilidade de alimentos, con áreas nas que poidan descansar, como ocos de árbores, gretas nas rochas ou follaxe denso.
Status
Non ameazado