CIPRÉS DE MONTERREI

Cupressus macrocarpa

É moi parecido ao ciprés común, pero ten a follaxe verde clara e cheira a limón cando se frega. Pode medir ata 18 m.
A cortiza é pardo-avermellada engurrada e se fragmenta en placas. As súas follas perennes son escamosas e os seus conos (piñas) maduros son pardos, non grises.
As súas flores se abren a mediados do inverno, as masculinas vólvense amarelas e as femininas transfórmanse en conos (piñas).

Habitat e Distribución

Orixinario de California, é plantado comunmente en cemiterios xunto a muros delimitantes e xunto ás casas. É unha árbore de crecemento rápido resistente aos chans salinos, a miúdo plantado xunto ao mar, no sur e oeste de Europa como árbore de sombra e ás veces para madeira.

Usos e Costumes

A súa madeira moi dura, aromática, duradeira e moi resistente á descomposición, é moi solicitada para mobles e para tallar. Tamén se usa para facer pilotes e soportes para as vides. O seu aceite obtense da destilación das follas e o froito da árbore, ten propiedades antisépticas, antirreumáticas e astrinxentes. Polas súas virtudes calmantes e refrescantes, utilízase para tratar as varices, hemorroides, etc., aínda que non se debe usar en contacto directo coa pel. Con esta esencia elabóranse bálsamos para despois do afeitado, desodorizantes, etc.


Entradas