CHOPO NEGRO OU ÁLAMO NEGRO

Populus nigra

Árbore caducifolia de ata 30 metros de altura, de folla caduca. Ten dous tipos principais de porte: un coa copa moi estreita e piramidal, e outra de copa ampla e ovalada.
O seu tronco é dereito e groso e a súa cortiza está formada por placas lonxitudinais de cores agrisadoss, ás veces moi escuros (engurrada e caracteristicamente cuberta dunha especie de croques en toda a súa extensión).
As follas dispóñense alternas e simples. As súas flores unisexuais son de cor verdosa ou avermellada, e agrúpanse nunha especie de acios (amentos) alongados e colgantes. As femininas, tamén están agrupadas en amentos, son verdes e pouco rechamantes. O seu froito é unha pequena cápsula que se abre en 2 valvas e deixa saír as sementes. Plantado desde a antigüidade, conseguíronse gran variedade de subespecies.

Habitat e Distribución

O verdadeiro álamo negro é nativo de Europa e de Asia occidental. A súa área natural é difícil de delimitar. Distribúese nunha franxa altitudinal, entre o nivel do mar e os 1 800 metros. Crece nos chans húmidos, nos que non falte a auga no verán. É pouco tolerante á calor forte, pero é capaz de soportar fríos intensos.

Usos e Costumes

A madeira é moi utilizada para construír estadas, vigas e diversas pezas para útiles e artefactos agrícolas. Hoxe emprégase para fabricar caixas, embalaxes, taboleiros e pasta de papel. A súa leña non está moi valorada. Utilízase para fabricar mistos e tamén con fins ornamentais, en parques e xardíns, etc.


Entradas