CEDRO DO HIMALAIA

Cedrus deodara

Árbore de folla perenne e gran talle que alcanza os 40-50 m de altura e no seu lugar de orixe pode chegar ata os 70 m. Moi lonxevo, pode vivir ata mil anos. Ten un porte piramidal. A cortiza é gris escura e rachada e as ramificacións son colgantes.
As follas (acículas) son moi finas e longas, terminadas en pico, individuais ou en ramalletes, e de cor verde-agrisada (cando son novas a súa cor é azulada).
As flores masculinas son conos individuais, alongados e cilíndricos de cor amarelada. As femininas son pequenas piñas redondeadas de cor verde-clara ou avermellada, que non sempre se producen, e adoitan acharse na parte superior da árbore. Florece no outono.

Habitat e Distribución

Orixinario do Himalaia e Afganistán, onde forma espesos bosques ata os 2 000 metros de altitude. Resiste cambios de temperatura, aínda que é sensible ás xeadas. Prefire chans profundos, frescos e fértiles, sempre que non sexan moi húmidos.

Usos e Costumes

É o cedro máis ornamental, utilizado en parques e xardíns. A súa madeira avermellada é excelente e moi duradeira. Desprende un agradable aroma; dela extráese unha esencia empregada en perfumería e de propiedades antisépticas. Tamén é moi apreciada para construción e artesanía de calidade.


Entradas