CEDRO DO ATLAS

Cedrus atlantica

Os cedros caracterízanse por posuír follas perennes dispostas en grupos, e polos seus conos (piñas) en forma de barril dispostos cara a arriba, que se desfán na madurez.
A árbore ten unha copa ancha, cónica, coas ramas moi espazadas e ascendentes, e pode alcanzar unha altura de 36 metros. O tronco é de cortiza gris clara (coa idade vaise tornando neguiza), escamosa e pouco gretada.
Ten follas de 1 a 3 centímetros que poden ir do verde ao azulado. As flores femininas convértense en conos redondeados máis grandes, e as masculinas en piñas cónicas máis pequenas.

Habitat e Distribución

Nativo da cordilleira do Atlas, (noroeste de África) existen 4 especies distribuídas desde o mediterráneo ata o Himalaya. Os seus bosques naturais sitúanse entre os 1 000 m e o 1 800 m. Adáptase ben ás fortes secas estivais e pode aguantar temperaturas de ata -25º C. É o máis resistente de todos os cedros e utilízase para repoboacións.

Usos e Costumes

É moi apreciado pola súa madeira aromática e resistente. En Europa e América do Norte plántase como árbore, en parques e xardíns, especialmente as formas azuladas.


Entradas