CARBALLO COMÚN

Quercus robur

É unha árbore de gran tamaño que alcanza o 50 m. de altura, de tronco recto e rectangular e con raíces moi desenvolvidas. A cortiza é lisa e de cor parda- agrisada, máis ou menos gretada segundo a idade.
As follas, caducas, son brandas, lobuladas e de cor verde-escura. Florece na primavera e o seu froito é a landra. O seu perímetro e altura aumenta coa idade, podendo superar os 1000 anos.
Considerado desde tempos antigos como árbore mística, simboliza a fusión do ceo e a terra. Existe un insecto que introduce o seu ovo na rama do carballo, facendo que a árbore forme unhas bolitas similares a castañas ( agallas) para protexerse, nas que as larvas do insecto viven e aliméntanse, chegando a ser letais para a árbore se proliferan.

Habitat e Distribución

Esténdese desde Europa ata Siberia. Soporta condicións climáticas duras. Prefire terreos profundos, arcillosos, fondos de val e ladeiras pouco inclinadas de chans húmidos e fértiles que el mesmo contribúe a enriquecer. É a árbore máis característica de Galicia, sendo típicas as “ carballeiras” próximas a igrexas e a recintos de festas e feiras. Durante séculos sufriu tallas abusivas que minguaron a súa distribución natural.

Entradas