parallax background

ACTIVIDADES


AULA EDUCATIVA

CAMPAMENTOS MATINAIS SEMANA SANTA 2018

Vigo Zoo

Descarga Ficha Inscripción
Abrimos as listas de preinscripción para os campamentos matinais de Semana Santa.

INFORMACIÓN
En Vigozoo sumámonos á celebración do día Internacional dos Bosques. Queremos render unha merecida homenaxe aos nosos bosques máxime despois dos incendios do pasado ano. Debemos lembrar que os bosques nos proporcionan multitude de bens e servizos como por exemplo:

- os bosques almacenan carbono.
- as árbores melloran o clima local.
- as árbores urbanas son excelentes filtros que eliminan contaminantes.
- as árbores reducen a contaminación acústica.
- os bosques proporcionan alimento para os humanos.
- proporcionan hábitat, alimento e protección para a fauna.
- proporcionan combustibles renovables.
- posibilitan estilos de vida activos e saudables.
As actividades estarán orientadas a coñecer os beneficios dos bosques para termos cidades saudables, así como a entender a relación dos bosques coa conservación das especies da fauna que viven en Vigozoo.

- Temática: OS BOSQUES E AS CIDADES SOSTIBLES (Día Internacional dos Bosques)
- Datas: 26 e 27 de marzo.
- Preinscrición: 12 – 21 marzo. Ao través do teléfono 986 267783. - Horario: de 10:00 a 14:00 h. Posibilidade de atención matinal (dende as 8:00) e de recollida ata as 15:00 con servizo de quecemento de comida ou posibilidade de comer na cafetería previa reserva ao través do formulario de inscrición.
- Lugar: instalación de Vigozoo.
- Idades: 6-12 anos. Preferencia: empadroados no Concello de Vigo
- Nº prazas: 51
- Prezo: 10 euros. Presentarase a xustificación do pago na conta ES33 2080 5000 6731 10194172 indicando “Campamento Semana Santa 2018” unha vez confirmada a preinscrición, xunto co resto de documentación: - Ficha de inscrición
- DNI/Libro de familia do neno/a
- Tarxeta sanitaria do neno/a
- Empadroamento en Vigo se é o caso

Máis información: no teléfono 986 267783 en horario de apertura do parque.

Voltar Actividades

Entradas