
BONOS
Bonos VigoZoo
VigoZoo
Bonos Anuais
BONOS ANUAIS VIGOZOO
Vigozoo ofrece dúas modalidades de abonados para o público que desexe realizar varias visitas ao longo do ano, observando como cambia a paisaxe e o comportamento dos animais do zoo co ritmo das estacións.A regulación destes bonos, será de acordo á Ordenanza Fiscal nº 53 do Concello de Vigo, reguladora das tasas polos servizos que presta VigoZoo.
O abono individual é exclusivo e persoal e con él podes visitarnos sempre que queiras durante 12 meses consecutivos por un importe dun total de 18,65€.
Co abono familiar podes visitarnos coa túa familia tamén durante 12 meses consecutivos. É válido para familias de ata 5 membros con fillos que non superen os 18 anos de idade, por un importe total de 31,15€.
Documentación necesaria
-Fotocopia do D.N.I. do titular.-Fotografía tamaño carné de cada membro.
-Fotocopia do libro de familia (no caso dos bonos familiares).
-Ficha de inscripción debidamente cumplimentada e asinada.
-Carta de normas firmada.
As fotocopias presentadas deberán ser fotocopias compulsadas.
Normativa
O bonos poderán ser solicitados os días laborais de apertura do parque no horario de taquilla.O PAGO REALIZARÁSE tralo aviso de VigoZoo, directamente na taquilla ou a través da pasarela de pago da plataforma online do Concello de Vigo no seguinte enlace.
https://sede.vigo.org/expedientes/formularios/autoliq_vigozoo_bonos.jsp
É imprescindible presentar toda a documentación solicitada para tramitar o carné de abonado.
Se o demandante do abono non entrega toda a documentación solicitada no prazo de 30 días hábiles, contados a partir da presentación do súa solicitud, deberá cursarse unha nova.
É necesario e imprescindible mostrar ao persoal de taquilla o/os carné/s para acceder as instalacións de VigoZoo.
Renovación
É necesario cubrir a confirmación de datos na ficha destinada a tal efecto.Se houbera modificacións respecto do inicial dentro de ese ano, deberáse de comunicar a VigoZoo, especificando no apartado de observacións o que proceda, adxuntando documentación, no caso que sea necesario.
Pago e tramitación por pasarela de pago
O pago e tramitación pode realizarse a través da pasarela de pago da plataforma online do Concello de Vigo a través do siguiente enlace:https://sede.vigo.org/expedientes/formularios/autoliq_vigozoo_bonos.jsp