parallax background

PÚBLICO XERAL


AULA EDUCATIVA
ASTRONOMÍA EN VIGOZOO 2022

ACTIVIDADES DE ASTRONOMÍA

Como complemento educativo, VigoZoo ven realizando tódolos anos diversas actividades relacionadas con a Astronomía, realizadas dado o seu carácter especializado, a través da Fundación CEO e á Área de Astronomía e Astrofísica da Universidade de Vigo dirixida pola Doutora Ana Ulla.

Son moitos elementos celestes, entre eles galaxias, nebulosas e máis de 40 constelacións que teñen nomes de animais, polo que levantar a vista e disfrutar do noso ceo, nos permite crear un vínculo que nos axude a coñecer mellor o mundo animal e adentrarnos no maravilloso mundo da astronomía.

Tres tipos de actividades desenvolveranse ao longo dos meses de verán:

SÁBADOS ASTRONÓMICOS:

Realizarase a actividade preferentemente na terraza superior do edificio do Exotarium, preparada para este tipo de actividades, e na praza de Félix Rodríguez de la Fuente no centro do parque.

De contar no momento da celebración con climatoloxía adversa, (ceos cubertos, choiva e outros), trasladarase ao auditorio de VigoZoo, onde se impartirá una pequena charla divulgativa para todos os públicos e a través dunha proxección realizarase a visita guiada do ceo de xeito virtual. Grupos de ata 50 persoas por xornada, con un máximo de dúas horas de duración e dirixida a actividade por guías astronómicos.

O contido da actividade versará sobre:
- Nocións básicas sobre a filosofía StartLight
- Traxectoria dos astros
- Manexo dun planisferio.
- Breve introducción ó funcionamento e manexo do telescopio e os prismáticos.
- Desplazamento de telescopios e prismáticos para a observación de algunha galaxia, cúmulo estelar, a Lúa ou algún planeta visible nese momento.
- Localización con punteiro láser das Constelacions Circumpolares (facilmente identificables para todos os públicos), ó igual que as Constelaciones estacionales.
- Nocions de mitoloxía e a súa relación con as constelacions, e as formas e nomes asociados a distintos animais.
- Resposta a preguntas astronómicas habituais polo público participante. A hora de inicio da actividade será as 22:00 horas.

O público asistente debe traer algunha roupa de abrigo e calzado axeitado, xa que a pesar de ser verano, a esa hora e a altitude de VigoZoo, a temperatura é inferior á do centro da cidade.

DATAS
Xuño – sábado 25.
Xullo – sábados 2, 9, 16, 23 y 30.
Agosto- sábados 6, 13 , 20 y 27.
Prezo da Actividade: 6€.

ASTRONOMÍA EN VIGOZOO.

Actividade educativa para público visitante ou grupos organizados, desenvolverase nos meses de xuño a setembro, os Sábados e Domingos, consistente en unha simulación, mediante a proxección de un programa de ordenador, do ceo nocturno de Vigo no día da data en que se desenvolva a actividade.

- Móstrase como orientarse durante a noite, como recoñecer as principais constelacións, estrelas e planetas visibles esa noite e unhas nocións sobre mitoloxía e historia da Astronomía.
- Farase entrega dun planisferio aportado por VigoZoo e ensinarase o seu manexo.

A finalidade desta actividade é que todos os asistentes aprendan a recoñecer as principais constelacións visibles sobre o ceo de Vigo nas distintas épocas do ano e localizalas pola sua conta facendo uso do planisferio.

As datas e horario:
Sábados dos quendas de 16:30 a 18:30 horas, 1 hora cada quenda, grupos ata 15 persoas, e domingos, unha sesión de mañá e dúas de tarde, de 12:30 a 13:30 e de 16:30 a 18:30 horas.
Xuño - sábado 25 e domingo 26.
Xullo - sábados 2, 9, 16, 23, 30 e domingos 3, 10, 17, 24, 25, 31.
Agosto - sábados 6, 13, 20 e domingos 7, 14, 21, 28.

A actividade desenvolverase na Sala de Cambio Climático ou no auditorio de VigoZoo.
Prezo da Actividade: 2€ máis o custo da entrada ordinaria.

Podes reservar a través do despacho de billetes de VigoZoo ou chamando ao teléfono 986 26 77 83 de 11:30 a 19:30 horas, de lúns a venres non festivos.
O período de reserva de cada actividade remata o xoves anterior á data da mesma. Unha vez confirmada a reserva, deberase facer o pago de forma presencial no despacho de billetes de Vigozoo ou por transferencia bancaria, enviando o xustificante ao seguinte enderezo de correo electrónico: taquilla.vigozoo@vigo.org.

Volver Público Xeral