parallax background

AMIEIRO COMÚN

Alnus glutinosa

É unha árbore caducifolia que pode alcanzar os 25 metros de altura. O tronco é recto, esvelto e a copa ten abundante follaxe. A cortiza é lisa e agrisada, nos exemplares máis vellos escurécese e greta. As follas disponse de modo alterno, son simples e o contorno é redondeado co bordo serrado.
Florece de febreiro a abril, as súas flores son unisexuais, pero as de ambos sexos atópanse na mesma árbore. As flores masculinas agrúpanse nunha especie de acios colgantes (amentos).
Ten unha especie de piñas pequenas nas que se aloxan os verdadeiros froitos, que son pequenos e cun á estreita aos lados que lles serve para que o vento os disperse. Boa parte dos alicerces que sosteñen as casas de Venecia son de aliso, pola excelente calidade da madeira, sobre todo en contacto coa auga.

Habitat e Distribución

Distribúese por Europa, Asia e o nordés de África, en climas e chans húmidos como fondos de val, ribeiras dos ríos e mesmo preto do mar. Esta especie é de gran interese ecolóxico, xa que as súas formacións son eficaces fixadoras e protectoras das ribeiras, á vez que a súa sombra favorece a vida dos peixes, regulan a temperatura das augas e actúan de filtro verde purificándoas. En Galicia, son características os ameneirais (bosques de amieiros nas ribeiras dos ríos).

Usos e Costumes

A madeira que produce é excelente, de tons claros e moi duradeira, fácil de traballar en ebanistería. As follas utilízanse en medicina para coidar os pés doridos, colocándoas debaixo da planta do pé, dentro dos calcetíns.



Entradas