parallax background

AVES

ÁGUILA REAL

Aquila chrysaetos

No ano 1974, chegou ó noso parque un poliño improntado (irrecuperable para a vida silvestre), procedente dunha expoliación dun niño na Ribeira Sacra.

Chegou a ser tan emblemático no noso parque que en 1977 foi o símbolo do selo conmemorativo do VIII Congreso da Unión Iberoamericana de Zoos celebrado na nosa cidade e logotipo do parque durante moitos anos.

De 1998 a 2006, foi cedido temporalmente ao Aeroporto de Vigo onde traballou na seguridade aérea.

Lord, que así se chama, hoxe cego polos seus máis de 45 anos, disfruta da súa terceira idade no noso parque nesta instalación axeitada a súa condición, despois de ser partícipe de moitas ensinanzas aos nenos e non tan nenos que o coñeceron nas distintas actividades do programa de educación e concienciación medioambiental de VigoZoo, a través da difusión e posta en valor desta rapáz emblemática da península Ibérica.

LIGAZÓNS DE INTERESE
SEO El Águila real

Descrición

Ao longo da historia foi considerada símbolo de deuses e reis. Admirada en diferentes culturas pola súa fortaleza e impoñente envergadura, destacou como emblema das lexións romanas.

O seu elegante voo é extremadamente rápido cando se trata de capturar presas, chegando a alcanzar os 240 km/h. O seu pico, a súa velocidade, as súas garras e a súa potente vista a longa distancia, convérteas nunha das aves máis impoñentes do mundo.

É a máis grande e poderosa das rapaces ibéricas. A súa envergadura alar pode chegar a medir ao redor dos 220 cm.

As súas plumas son case uniformemente escuras cun matiz dourado na cabeza; o pico é forte, grande e ganchudo coa punta negra. A cola coa idade é cada vez máis escura.

É unha ave diúrna, solitaria e sedentaria que emparéllase para toda a vida. Teñen dous ou tres puntos de nidificación en rochas para poder ir rotando ano tras ano; estes lugares áchanse situados a distintas alturas.

¡Descobre máis especies!
Alimentación

A súa dieta, moi variada, inclúe mamíferos (sobre todo coellos e lebres, ademais de cervatos, ratos, etc..), aves (pombas e perdices predominantemente, pero tamén outras especies) e réptiles (lagartos e ofidios). Tamén consome calaza.

Habitat

É unha especie exclusiva do hemisferio norte. En España ocupa os principais sistemas montañosos con numerosas poboacións no Sistema Ibérico, a Cordilleira Bética, Serra Morena e os Pireneos. Resulta particularmente escasa en Galicia e na costa cantábrica.

Status

UICN: Mínima preocupación (LC). A especie non require de medidas de protección especial, nin se aproxima a ningún dos parámetros para ser incluída nunha categoría de maior risco. CITES: apéndice II. Especie que non está ameazada de extinción pero que podería chegar a estalo a menos que se controle estritamente o seu comercio. Especie incluída no Catálogo Nacional de Especies Ameazadas, xa que se considera unha especie de interese especial polo seu valor científico, ecolóxico, etc. Incluída no Catálogo Galego de Especies Ameazadas: en Galicia é unha especie en perigo de extinción, é dicir, quedan moi poucos exemplares desta especie.


Entradas