parallax background

RÉPTILES

TARTARUGA MOURA

Testudo graeca

Proceden do CRF (Centro de Recuperacion de Fauna) de Cotorredondo en Pontevedra, actualmente en Carballedo no concello de Cotobade. Están aloxadas na instalación con representación de especies do continente Europeo, na planta "0" do noso Exotarium, contribuíndo á difusión e posta en valor desta especie a través do noso programa de educación e concienciación ambiental.


Descrición

O nome graeca da especie non provén da súa orixe, senón da forma das placas e debuxos do seu caparazón, que lembraban os mosaicos gregos. Por iso considérase máis correcto chamala 'tartaruga moura', de Mauritania, que é onde están as súas maiores poboacións e hai máis rexistro fósil.

Algo característico da tartaruga moura e que a distingue da tartaruga mediterránea (< em> Testudo hermanniem) é que a placa supracaudal (a que está encima da cola) non está dividida. Outra diferenza é que está ausente unha funda cornea no ápice da cola que presenta < em> T. hermanni.em>.

Ten os ollos saltóns como os das ras, que lles proporciona unha vista excelente e tamén serve para distinguila doutras especies. O espolón típico na parte posterior da coxa, é outra característica máis que distíngueas das outras sete especies de Testudo.

Os machos son máis pequenos (ata 15 cm) e teñen a cola longa e robusta, mentres que nas femias, maiores (ata 18 cm), a cola é pequena e curta. O plastrón das femias e os mozos é plano, mentres que o dos machos ten unha concavidade para facilitar o axuste durante o coito..

¡Descobre máis especies!
Alimentación

É herbívora, baseando a súa alimentación en plantas silvestres: alfalfa, cardos, dente de león, romeu, etc. Algunhas veces tamén se alimentan de animais mortos e carroña, así como de babosas e insectos. As femias consomen máis carne que os machos.

Hábitat

En Europa está presente en: Italia, Grecia oriental, España, Turquía europea, nalgunhas illas do Mar Mediterráneo, ao longo da costa búlgara e romanesa do Mar Negro, aínda que se atopa tamén en África do norte e continente Asiático. En xeral é tipicamente mediterráneo. En Doñana vive nas dunas costeiras con vexetación rica, os piñeirais costeiros, e no sotobosque de árbores mediterráneas, as aciñeiras e as sobreiras. No sueste tamén foron observadas nas zonas de uso agrícola, tales como oliveiras, hortos de cítricos, almendros e viñedos.

Status

Clasificada como vulnerablestrong> na lista vermella da UICN (Unión Internacional para a Conservación da Natureza). Está incluída no Apéndice II de CITES e no anexo A de o Regulamento CE 338/97.