parallax background

EMÚ

Dromaius novaehollandiae

Despois de que a femia pon os ovos, é o macho o que os incuba durante 55 días, sen abandonar o niño e mesmo deixando de comer e beber. Cando os pitos nacen coida deles durante 6 meses.

O ovo, de tamaño un pouco máis pequeno que o de avestruz, é de cor verde escura na posta, volvéndose despois de cor negra.

O emú ten o hábito de tragarse obxectos que chamen a súa atención, como chaves, moedas, etc.


Descrición

É a segunda ave máis grande do mundo; con todo non voa senón que corre, chegando a alcanzar o 50 km/h.

A femia é de maior tamaño que o macho e pon entre 15 e 20 ovos nun niño feito no chan, revestido de follas e herbas.

É nómade e percorre longas distancias en busca de alimentos.

¡Descubre máis especies!
Alimentación

É omnívoro, aliméntase de sementes, froitas de diversas plantas, brotes vexetais, pequenos animais e gran variedade de insectos.

Habitat

Vive nas chairas centrais de Australia, normalmente en pequenos grupos.

Status

IUCN: Mínima preocupación ( LC). A especie non require de medidas de protección especial, nin se aproxima a ningún dos parámetros para ser incluída nunha categoría de maior risco.

Actualmente non presenta problemas en liberdade, pero ata o século pasado había catro especies de emú e tres delas extinguíronse pola acción directa dos colonizadores europeos.


Entradas