parallax background

CERCETA BARCINA

Anas flavirostris

Tamén recibe o nome de pato barcino.

Teñen un ritual de apareamento onde o macho se para na auga, afunde o pico e chorrea auga, corren e viran en circulo.

Nidifica en árbores, noutros niños ou no chan.


Descrición

É un pato de contornos redondeados de cor gris acastañado, no que resalta a cabeza e o pescozo cunha tonalidade máis escura. O seu manto ou dorso son de plumas negras ou marrón reberetadas de canela e escapulares negras alongadas. Con ás e cola marrón agrisadas. O seu peito é de cor ocre con pintas ovaladas pardas escuras que desaparecen no abdome. O espello alar é negro e verde con dúas liñas de ocre. O pico é amarelado con punta e liña negras, as patas gris amareladas e a cola acabada en punta. Non hai distinción en canto aos sexos, son iguais.

¡Descobre máis especies!
Alimentación

Aliméntase filtrando a auga. A súa dieta componse de plantas como sementes, raíces, algas e outros vexetais acuáticos e de pequenos invertebrados como insectos, carafio, larvas, crustáceos e moluscos.

Habitat

É endémico de América do Sur. Parte da súa distribución comprende toda a Arxentina e o centro e sur de Chile, tamén as illas Malvinas. Durante o inverno esta poboación migra cara ao norte, e chega ata Uruguai e o sur de Brasil. Habita nos lagos e lagoas de auga doce, salobre e salgada. Está documentado que habita desde o nivel do mar ata os 4 400 metros de elevación.

Status

IUCN: Mínima preocupación (LC). A especie non require de medidas de protección especial, nin se aproxima a ningún dos parámetros para ser incluída nunha categoría de maior risco.


Entradas