parallax background

MAMÍFEROS

XABARIL

Sus scrofa

Os pelos que recobren o seu corpo reciben o nome de sedas. Chaman a atención os seus afiados cabeiros chamados navallas.

As crías chámanse rayones en castelán, porque o seu corpo ten raias lonxitudinais. Ao medio ano chámaselles bermejones pola súa coloración, que perden coa madurez aos 10 meses.

Son adestrados para a procura das tan prezadas trufas. Teñen un sistema de comunicación para avisar do perigo consistente en gruñidos curtos e secos.


Descrición

É un animal sedentario e gregario de hábitos nocturnos. Gústalle envorcarse no barro para refrescarse e desparasitarse. O macho é máis grande que a femia e é moi parecido ao porco doméstico. As femias e as crías viven en piaras e o macho as visita ocasionalmente, xuntándose só na época de celo, que adoita ser entre os meses de novembro e xaneiro. A xestación dura uns 4 meses con camada numerosas de ata 12 crías, e ocasionalmente pode ter dúas camadas ao ano, unha na primavera e outra no outono.

¡Descobre máis especies!
Alimentación

É un animal omnívoro: aliméntase de landras, herbas, raíces, castañas, lombrigas, insectos, etc. e son habituais os danos que causa en hortas e cultivos.

Habitat

Vive en bosques caducifolios, ricos en maleza, das zonas mediterráneas de Europa. Evita os terreos moi abertos e as montañas altas. En Galicia cada vez abunda máis.

Status

UICN: Baixo risco/ mínima preocupación ( LR/ LC). Non require de medidas de protección especial, nin se aproxima a ningún dos parámetros para ser incluída nunha categoría de maior risco.


Entradas