parallax background

VOITRE COMÚN

Gyps fulvus

Os nosos voitres foron cedidos polo CREA de Cádiz; o macho no 1999 con un á amputada e a femia no 2003 con ás non funcionais.

No ano 2010, naceu un poliño que con moito mimo conseguimos sacalo adiante e logo dun ano de coidados, fomos quen de preparalo para a súa cesión ao BVCF (Fundación para a Conservación do Voitre Negro) con sede en Mallorca para introducilo posteriormente á vida silvestre nos Balcanes (Bulgaria).

Chegaron como irrecuperables para a vida silvestre, pero a máis de contribuír á difusión e posta en valor desta especie a través do noso programa de educación e concienciación ambiental, a súa descendencia voa en liberdade nos ceos Europeos.

LIGAZÓNS DE INTERESE
SEO BVCF

Descrición

É unha ave rapáz sedentaria de gran tamaño, diúrna sedentaria e inconfundible porque posúe un característico colar de longas plumas, como o dun león,o redor do pescozo. De ahí vén o seu nome.

Non existen diferenzas en función do sexo, pero si entre os adultos e os xuvenís. As aves adultas presentan xeralmente unha cor canela na plumaxe do dorso, o ventre e a franxa anterior das ás, mentres que o resto das plumas das súas ás e da cola, que é curta, son pardas escuras.

A cabeza e o longo pescozo están cubertos dunha fina pumaxe branca, para poder introducir a cabeza nos cadáveres e non mancharse de sangue. O pico, ganchudo e capaz de desgarrar tecidos, é pardo-agrisado na base e punta e amarelo polos laterais. As patas, tarsos e dedos son grandes e grises aínda que máis débiles que os doutras rapaces. As súas uñas son curtas e romas. Mentres que os xuvenís son de cor marrón avermellada máis escuros que os adultos, coa cola máis longa e o pico de cor negra.

É un planeador por excelencia, aproveita as correntes térmicas para voar e pode pasarse horas planando ata atopar un animal morto; dende o chán arrinca dando un pequeno brinco e sin esforzo bate as súas ás e inicia o voo.

Incuban en cantís chamados "voitreras" que datan de moitísimo tempo. Poñen un só ovo por posta e o incúbano ao redor de 50 días os dous proxenitores.

¡Descobre máis especies!
Alimentación

É un carnizán. Normalmente aliméntase dos tecidos brandos dos cadáveres de pequenos e grandes mamíferos. A súa alimentación baséaa principalmente en presas salvaxes como as cabras montesas, cervos e gacelas, etc. Foron substituídas por especies domésticas como ovellas, cabras, vacas ou cabalos. Os seus picos son débiles á hora de desgarrar carne fresca e dependen dos depredadores máis grandes. Así unha vez que estes se sacian e se afastan da presa, eles achéganse e comen ata fartarse.

Habitat

Podémolos atopar en zonas de montaña, cantís e paredes rochosas, formando colonias, independentemente que estean en zonas de baixa ou gran altitude. Utiliza terreos con grandes claros e áreas rochosas nas que hai unha elevada actividade gandeira e humana (granxas de animais, vertedoiros, sitios de caza maior, etc..) Distribúese xeograficamente pola Europa mediterránea, Oriente Medio, Asia central e algunhas rexións de África. No noso país vive en toda a península e onde non a atoparemos será en Galicia, Oeste de Asturias e nalgunhas áreas do Levante.

Status

UICN: Mínima preocupación (LC). A especie non require de medidas de protección especial, nin se aproxima a ningún dos parámetros para ser incluída nunha categoría de maior risco CITES: apéndice II. Especie que non está ameazada de extinción pero que podería chegar a estalo a menos que se controle estritamente o seu comercio. Especie incluída no Catálogo Nacional de Especies Ameazadas xa que se considera unha especie de interese especial polo seu valor científico, ecolóxico,.. A alteración do seu hábitat, uso de velenos, caza, desaparición de bosques e escaseza de grandes ungulados (cervos, gamos e muflón), leva a que o que depositan os pastores nos comedeiros (lugares específicos para deixar as reses mortas) sexa parte importante da súa dieta. Coa nova normativa, os pastores xa non poden abandonar as reses mortas nos comedeiros, o que está a afectar directamente aos voitres.


Entradas