VISITAS


Cómo chegar | Prezos | Horarios | Consellos e Normas

Como chegar

Diferentes accesos a Vigo Zoo.

Dirección

Dirección Praza dos Leóns s/n. A Madroa-Teis, CP 36317 – Vigo

Datos localización GPS

42.2484° N - 8.6755° W

Acceso desde o sur

por A-3 (Portugal) e A-55/E-1.

Accesos desde o norte, pola AP-9

▪ Tomar saída nº 157: aeroporto, Redondela, Puxeiros e Mos.
▪ Tramo ligazón durante 723 m cara a Cabral.
▪ Continuar pola avenida do Tranvía durante 279 m.
▪ Continuar pola avenida de Santa Mariña durante 745 m.
▪ Segue pola avenida do Aeroporto durante 2.5 km camiño de Gondomar durante 282 m, rúa de San Cristobo durante 645 m.
▪ Continúa pola subida da Madroa durante 1.4 km e chegada a Vigozoo.

Desde Vigo

pola rúa de Angel de Lema e Mariña (N-552) ou pola avenida do Aeroporto.



Liñas de Vitrasa

L28

Tarifas

Prezos para nenos

De 0 a 2 anos
Entrada Libre

Oferta válida todos os días.

De 3 a 16 anos
2,55€

Días laborables e sábados ata as 15:00 horas. Deberán ir acompañados por un adulto.

De 3 a 16 anos.
3,10€

Sábados a partir das 15:00 horas, domingos e festivos todo o día. Deberán ir acompañados por un adulto.

Prezos para adultos

De 17 a 64 anos
5,10€

Días laborables e sábados ata as 15:00 horas.

De 17 a 64 anos
6,10€

Sábados a partir das 15:00 horas, domingos e festivos todo o día.

Prezos para xubilados e pensionistas

Días laborables e sábados ata as 15:00 horas.
2,55€

Sábados a partir das 15:00 horas, domingos e festivos todo o día.
3,10€

Tarifas de precios especiais

Visitas escolares de centros de fora do Concello de Vigo
2,00€

Precio por cada visitante.


Tarifa reducida
1,70€

carnet xoven, discapacitados, tarxetas turísticas ou promocionais do Concello de Vigo e usuarios de promocións levadas a cabo por empresas colaboradoras de Vigo-zoo.


Familia numerosa categoría xeral
25% Dcto.

Desconto aplicado a cada visitante.


Familia numerosa categoría especial
50% Dcto.

Desconto aplicado a cada visitante.


Aula no zoo
12,00€

Por cada participante.


Abono anual familiar
30,40€
Con el abono familiar puedes visitarnos con tu familia también durante 12 meses consecutivos. Es válido para familias de hasta 5 miembros con hijos que no superen los 18 años de edad


Abono anual individual
18,20€
El abono individual es exclusivo y personal y con él puedes visitarnos siempre que quieras durante 12 meses consecutivos


Utilización do auditorio
73,10€

Por menos de 4 horas.


Utilización do auditorio por día
219,14€

Horario

Mapa Instalacións

Consellos e Normas Xerais

Xerais

- Os menores de idade deben de estar acompañados dun adulto. - Acceso non permitido con mascotas (excepto cans guía). - Non está permitido facer ruído, correr, gritar ou molestar os animais. - Non está permitido xogar con balóns, patíns e bicicletas. - Mantén limpo o parque. - Respecta os peches, valados e carteis. - Para preservar a súa saúde, non está permitido darlle ningún tipo de alimento aos animais.

Normas para visitas Escolares

O Departamento de Educación Ambiental ofrece multitude de actividades educativas a colectivos e centros escolares.

Para participar nestas actividades (excepto as dirixidas ao público xeral) é necesario e imprescindible realizar unha reserva telefónica previa, nos teléfonos: 986 267 783/986 267 784.

Esta reserva deberase realizar polo menos cunha semana de antelación á data de realización da actividade.

Na reserva deberá indicarse:

- Hora e data solicitada
- Nome do centro
- Nome do responsable
- Nº de teléfono de contacto
- Nº de participantes e acompañantes
- CIF da entidade

1.A reserva de datas e horas realizarase por rigorosa orde de inscrición e a condición de que exista dispoñibilidade de horario.

2. O departamento ofertará outras horas ou datas alternativas cando a solicitada polo centro escolar estea reservada por outro grupo.

3.As actividades guiadas a centros escolares realizaranse en grupos de 25 participantes por cada monitor, para unha mellor dinámica e transmisión dos contidos.

4. É imprescindible que un adulto responsable acompañe o grupo nas actividades educativas.

5. Os contidos estarán adaptados a cada nivel educativo e terán un carácter ameno e temático sen perder a súa rigorosidade e capacidade divulgativa.

6. En períodos de alta afluencia (principalmente nos meses de maio e xuño) as visitas guiadas serán de unha hora, en grupo de 25 participantes por cada monitor.

Entradas