parallax background

MAMÍFEROS

TIGRE

Panthera tigris

O tigre chegou ás cálidas selvas da India desde os bosques siberianos de onde é orixinario.

O deseño relado difire entre individuos e dun lado ao outro do corpo. Non existen dous tigres iguais. Outras marcas interesantes son as manchas brancas detrás das orellas. Pénsase que é un sinal visual de alerta para outros tigres, ou unha maneira para que as nais manteñan a vista sobre os seus cachorros no bosque..

En catividade, se é cruzado cun león, a cría recibe o nome de “ tigrón”.


Descrición

É o felino de maior tamaño e forza; está considerado o ”rei da selva”. Atópase frecuentemente preto dos ríos onde bebe, se refresca e mesmo cortexa a femia. Vive de forma solitaria, excepto na época de celo. Caza de día e de noite, percorrendo distancias de ata 28 km. Pode chegar a vivir 20 anos.

¡Descobre máis especies!
Alimentación

Considérase o mellor cazador terrestre e pode cazar grandes pezas como búfalos, cervos, xabarís, gando doméstico, etc.

Habitat

Atópase exclusivamente nos bosques, na taiga e nas sabanas de Asia, desde Siberia ata a India.

Status

UICN: en perigo crítico (CR). É unha especie ameazada de extinción nun futuro inmediato debido á redución do seu hábitat e á diminución do número de exemplares debido á caza ilegal. CITES: apéndice I. Esta especie está en perigo de extinción polo que se prohibe o comercio internacional, salvo cando a importación se realizase con fins non comerciais, por exemplo, para a investigación científica.


Entradas