ARÁCNIDOS

TARÁNTULA ROSADA DE CHILE

Grammostola rosea

As arañas poden producir fío grazas a que posúen un complexo aparello capaz de producir fío. Este aparello está constituído por unhas glándulas que producen unha substancia líquida que en contacto co aire endurécese ata formar os fíos. Hai distintintos tipos de glándulas, en función do tipo de fío que sexa necesario producir (fabricar o capullo, elaboración da alfombrilla que na que fai a muda, para facer a bolsa do esperma para forrar o interior do niño).

Debido á ausencia de oído e a unha vista pouco evolucionada, as arañas desenvolveron unha incrible sensibilidade ás vibracións e aos movementos de aire grazas aos abundantes pelos (chamados sedas) que cobren totalmente o seu corpo. Toda a pelame renóvano en cada muda xa que estes pelos non posúen raíz.

As femias adoitan vivir entre 15-18 anos e os machos entre 4-5 anos dependendo da especie; isto débese a que o macho ao alcanzar a madurez sexual cesa de mudar mentres que a femia continúa mudando.

O seu principal inimigo é a avispa cazadora de arañas.



Entradas