parallax background

RÉPTILES

SERPE REI DE CALIFORNIA ALBINA

Lampropeltis gettulus californiae

Curiosamente non lle afecta o veleno de víboras e crótalos. É a única serpe, que na natureza, pode presentar variedades con librea de aneis ou franxas lonxitudinais.

Na actualidade os criadores seleccionaron esta especie producindo diversas fases de cor, moitas delas albinas, moi apreciadas polos coleccionistas.


Descrición

Do mesmo xénero que a “falsa coral” é constrictora. Existe un gran número de especies e subespecies das chamadas falsas corais. É unha depredadora moi activa. O seu corpo está circundado por aneis ou franxas lonxitudinais de cor branca.

¡Descobre máis especies!
Alimentación

Inmune ao veleno doutras serpes, aprésaas e devora con facilidade. Tamén se alimenta de lagartos e roedores.

Habitat

Esta especie habita o oeste dos EE. UU e noroeste de Méjico. Vive en lagoas e charcas, pero nunca frecuenta os ríos grandes e turbulentos.

Status

UICN: Mínima preocupación ( LC). A especie non require de medidas de protección especial, nin se aproxima a ningún dos parámetros para ser incluída nunha categoría de maior risco.


Entradas