ANFIBIOS

SAPO VENTRE DE LUME

Bombina orientalis

Ao verse ameazado e ante a imposiblidade de fuxir, adopta unha curiosa postura en forma de barca (levanta as extremidades anteriores e posteriores para ensinar o ventre).

Tamén segrega a través da súa pel substancias de sabor desagradable. Entre os exemplares adultos pode producirse canibalismo.


Descrición

Animal de pequeno tamaño, de costumes crepusculares e nocturnos, que vive en augas pouco profundas. Ten o dorso de cor verde brillante cunha serie de manchas negras e o ventre de cor vermella ou alaranxada. Vive máis de 15 anos en catividade.

¡Descobre máis especies!
Alimentación

Aliméntase de insectos, arácnidos e miriápodos.

Habitat

Vive en prados, zonas cultivadas, arroios e charcas. Tamén en lagos e estanques de augas repousadas, limpas e con abundante vexetación. Distribúese polo centro e leste de Europa e polo sueste Asiático.

Status

IUCN: Mínima preocupación (LC). A especie non require de medidas de protección especial, nin se aproxima a ningún dos parámetros para ser incluída nunha categoría de maior risco. Aínda que non se considera especie protexida, está ameazada na zona norte de Alemaña e nororiental de Europa. En Suecia extinguiuse.


Entradas